O telefono IP é o principal dispositivo empregado e especificamente deseñado para o seu uso no sistema VoIP, que permite realizar unha comunicación utilizando unha rede IP xa sexa mediante rede de área local (LAN) ou a través de Internet. O telefono IP converte e comprime o sinal da voz en paquetes de datos que se enviaran na rede IP, no lugar de empregar unha conexión de rede telefónica.

A Telefonía IP, é unha telefonía baseada no protocolo IP ,emprega unha tecnoloxía que permite integrar nunha mesma rede as comunicacións de voz e de datos. Permite a integración na mesma rede de tódalas comunicacións (voz, datos, vídeo, etc.).

 

Telefonía Ip na empresa

As principais vantaxes da telefonía IP son, entre outras, a simplificación da infraestrutura de comunicacións na empresa, a integración das diferentes sedes e traballadores móbiles da organización nun sistema unificado de telefonía, conta cunha xestión centralizada, chamadas internas gratuítas, plan de numeración integrado e optimización das liñas de comunicación, a mobilidade e o acceso así como, a funcionalidades avanzadas (buzos de voz, IVR, ACD, CTI, etc.)

A diferenza cunha chamada telefónica normal, a centraliña telefónica establece unha conexión permanente entre ambos interlocutores, conexión que se emprega para levalos sinais de voz. Nunha chamada telefónica por IP, os paquetes de datos, que conteñen o sinal de voz dixitalizada e comprimida, envíanse a través de Internet a dirección IP do destinatario. Cada paquete pode empregar un camiño para chegar, están compartindo un medio, unha rede de datos. Cando chegan ao su destino sendo ordenados e convertidos de novo en sinal de voz.

[box title=”Equipamento para a prestación de servizo de Telefonía” style=”light”]

O equipamento instalado para a prestación do servizo de telefonia IP é o cisco SPA2102 é un dispositivo adaptador VoIP, fácil de instalar e sinxelo de utilizar. Ofrece unha comunicación clara e de alta calidade grazas a implantación avanzada de algoritmos de codificación de voz estándar cunha calidade de voz inmellorable acada nun entorno IP esixente. O SPA2102 funciona con equipos de telefonía convencional como buzo de voz, equipo de fax, PBX e sistemas interactivos de resposta de voz.

O cisco SPA2102conectase a un teléfono convencional ou a un equipo de fax a redes de datos baseadas en IP. O dispositivo SPA2102 presenta dous portos POTS (servizo telefónico básico) para conectar teléfonos analóxicos existentes, equipos de fax ou un sistema PBX.

Cun un deseño compacto oSPA2102 pódese utilizar en ofertas de servizos VoIP para particulares e empresas, incluído o entorno IP Centrex completo. OSPA2102 utiliza estándares internacionais para redes de datos e voz para operacións de voz e fax fiables.

 

Características técnicas do cisco SPA2102

· 2 portos de voz (RJ11) para conectalos teléfonos analóxicos
· 2 portos Ethernet 10/100 Mbps – LAN + WAN
· Identificación de chamada
· Chamada en espera
· Transferencia de chamada
. Marcación rápida
· Servidor web para administración e configuración
· Cancelación de eco (G.168)
· Protocolo de sinalización soportados SIPv2
· Códecs G.711, G.726, G.729A e G.723.1

 

[/box]
[one_third]
[pricebox title=”Chamadas a fixo nacional”]
[pricebox_price price=”0,03 € + IVE” period=”minuto”]
[pricebox_body]

Establecemento de chamada gratuito
Tarificación por segundos

[/pricebox_body]
[/pricebox]
[/one_third]
[one_third]
[pricebox title=”Tarifa Plana” featured=”true”]
[pricebox_price price=”10 €” period=”IVE incluido”]
[pricebox_body]

Inclúense 300 minutos
a fixos nacionais
+ alquiler de liña

[/pricebox_body]
[pricebox_footer]
* Dispoñible só para clientes con Servizo de Internet contratado.
[/pricebox_footer]
[/pricebox]
[/one_third]

[one_third_last]
[pricebox title=”Chamadas a mobil nacional”]
[pricebox_price price=”0,12 € + IVE” period=”minuto”]
[pricebox_body]

Establecemento de chamada gratuito
Tarificación por segundos

[/pricebox_body]
[/pricebox]
[/one_third_last]

[one_third]
[box title=”+ Servizo” style=”light”]

– Inclúese a posibilidade da potabilidade numérica sen custe, do numero actual.

– O servizo de telefonía o igual que outros do paquete básico non esixen nunca un contrato de permanencia.

– Poderase contratar este servizo con Servizo de Internet contratado.

– Dende Intermax apostamos polo máximo aforro dos nosos clientes pagando so polo que fales, co que non se ofertará unha tarifa plana a cambio se se manterán uns prezos por minuto de baixo custe, isto beneficia o usuario porque na maior parte dos casos non se consumen os minutos de tarifa plana e o cliente termina pagando mais importe mensualmente.

Tódolos prezos recollidos nas táboas anteriores son vigentes na actualidade.

[/box]
[/one_third]

[two_third_last]
[box title=”Parámetros relacionados cas chamadas” style=”medium”]

Existen unha serie de conceptos de gran importancia nunha comunicación telefónica, para que sexa realizada con éxito a comunicación. Estes parámetros son os seguintes:

  • A proporción de chamadas falidas.

Defínese coma relación entre el número total de chamadas falidas e o número total de intentos válidos de chamada observados durante o un período de tempo al que se refire a medida. Para este parámetro facilítanse medicións separadas en relación con:

– Chamadas a fixos nacionais – Chamadas a móbiles nacionais – Chamadas internacionais.

Realizase a través da observación dunha mostra suficientemente significativa do tráfico real nun período de tempo obxecto da medición. Sendo a probabilidade de fallo inferior a unha liña telefónica analóxica, garantindo unha fiabilidade do servizo dun 50%.

  • O tempo de establecemento de chamada.

Este e o período que comeza cando a información de dirección requirida para establecela chamada é recibida pola rede, e acaba cando na parte que realiza a chamada recíbese son de ocupado, son de chamada ou sinal de resposta. Para este parámetro facilítanse medicións separadas en relación con:

– Chamadas a fixos nacionais – Chamadas a móbiles nacionais – Chamadas internacionais.

O establecemento de chamada será gratuíto para calquera chamada.
[/box]
[/two_third_last]
[box style=”light” rounded=”true”]

Calidade de Servizo

Para a prestación do servizo utilizaranse servidores dedicados instalados nos 24 centros da rede de transporte co sistema operativo Asterisk de software libre (baixo licenza GPL) que proporciona funcionalidades dunha central telefónica (PBX). Pódese conectar un número determinado de teléfonos para facer chamadas entre si e conectar a un provedor maiorista de liñas VoIP e liñas analoxicas.
Neste caso dada a nosa experiencia en outros proxectos e con clientes os que xa prestamos este servizo pasemos un contrato para a prestación de servizos empregando a infraestrutura e tecnoloxía das empresas líderes en telefonía Voip en España Voztelecom e GMundial.
Asterisk pode funcionar como calquera centraliña tradicional, e incorpora tódalas súas funcionalidades que se ofreceran no paquete básico tanto a particulares como empresas. Enumerando as máis importantes:
• Conexión con liñas de telefonía tradicional, a través de interfaces tipo analóxico (FXO) para liñas de teléfono fixo.
• Soporte de extensións analóxicas, ben para terminais telefónicos analóxicos, terminais DECT ou ben equipos de fax.
• Soporte de liñas (trunks) IP: SIP, H323 o IAX.
• Soporte de extensións IP: SIP, SCCP, MGCP, H323 o IAX.
• Música en Espera baseada en arquivos MP3 e similares.
• Funcións básicas de usuario:

    [li]Transferencias (directa o consultiva)[/li]
    [li]Desvíos[/li]
    [li]Capturas (de grupo o de extensión)[/li]
    [li]Conferencia múltiple[/li]
    [li]Aparcamento de chamadas (Callparking)[/li]
    [li]Chamada directa a extensión[/li]
    [li]Retrochamada – Callback (chamada automática cando dispoñible).[/li]
    [li]Paging- Megafonía a través do altavoz do teléfono2[/li]
    [li]DND[/li]

Este sistema incorpora unha serie de funcionalidades avanzadas que terían un maior custo en sistemas tradicionais propietarios, non sendo así neste caso. As mais importantes son as seguintes:

• Buzon de Voz: sistema de contestador automático personalizado polo usuario. Integrase co sistema de directorio (LDAP) e con email.
• Sistema de Audioconferencias: Sistema que permite a conexión remota de diferentes usuarios que queren manter unha reunión virtual e suministra a correcta xestión e control dos usuarios que se incorporan a ela.
• IVR: Operadora Automática. Sistema automatizado de resposta que permite redirixilas chamadas entrantes en función das opcións seleccionadas polo chamante.
• Informes en detalle de chamadas (CDR): Detalle de chamadas realizadas/recibidas por extensión, para imputación de custos departamentales, por cliente ou incluso para facturación.
• ACD: Sistema Automático de Distribución de chamadas entrantes. Pensado para Centros de Chamadas para atención comercial ou soporte técnico.
• CTI: Integración con sistemas de xestión comercial ou de atención a cliente (CRM).
• IPCC (IP ContactCenter): Integración con sistemas avanzados de xestión de centros de chamadas, vía solucións abertas ou propietarias.

A calidade é semellante a unha liña analóxica, só que mellora continuamente coa introdución de novos codecs e protocolos, e permítenos moitas mais funcionalidades que unha liña telefónica analóxica.
O sinal de voz enviase de forma dixital, en paquetes de datos, en vez de enviala en forma analóxica, coma nos sistemas tradicionais, a través de circuítos utilizables so por telefonía convencional como nas redes PSTN. Os Protocolos que se empregan para envialos sinais de voz sobre a rede IP chámanse protocolos de Voz sobre IP ou protocolos IP.

Os elementos que conforman o sistema de Voz IP son os seguintes:

• O cliente
O cliente establece e termina as chamadas realizadas de voz, esta informacióncodificase, empaquetase e transmítese a través do micrófono (entrada de información) do usuario, da mesma forma a información decodifícase e reprodúcese a través dos altofalantes ou audífonos (saída da información).

• Os servidores
Os servidores, baseados en Astrisk (programa de software libre (baixo licenza) que proporciona funcionalidades dunha central telefónica (PBX). Como calquera PBX, pódese conectar un número determinado de teléfonos para facer chamadas entre si e inclusive conectar a un provedor de VoIP ou ben a unha RDSI) encárganse de manexar operacións de base de datos en tempo real. Entre estas operacións téñense a contabilidade, a recolección, o enrutamento, a administración e control do servizo, o rexistro dos usuarios, etc.

• Os gateways
Os gateways brindan unha ponte de comunicación entre tódolos usuarios, a súa función principal é a de prover interfaces coa telefonía tradicional, a cal funcionara como unha plataforma para os usuarios (clientes) virtuais. O gateway SPA2102 será o equipamento básico, instalado gratuitamente para a prestación de servizos de Telefonía baseada en Voip por Intermax.
VoIP pode facilitalas tarefas que serían mais sinxelas de levar a cabo empregando as redes telefónicas comúns:

• As chamadas telefónicas locais poden ser automaticamente enrutadas a un teléfono VoIP, sen importar onde se estea conectado a rede. Un podería levar consigo un teléfono VoIP nunha viaxe, e en calquera sitio conectado a Internet, poderíase recibir chamadas.

• Os axentes de callcenter empregando teléfonos VoIP poden traballar en calquera lugar coa conexión a Internet o suficientemente rápida.

• Algúns paquetes de VoIP inclúen servizos extra polos que PSTN (Rede Publica Telefónica Conmutada) normalmente cobrase un cargo extra como son as chamadas a 3 a vez, retorno de chamada, remarcación automática, ou identificación de chamada.

[/box]

[one_third]
[box title=”Mobilidade” style=”light”]

O WebCommunicator, permite o acceso dende internet a rexistro de chamadas e xestión da liña telefónica.

E estará dispoñible para calquera cliente mediante creación de unha conta dende a paxina www.redintermax.com .

Así o cliente poderá empregar empregar o servizo de telefonía completamente incluso realizar chamadas dende calquera parte do mundo con acceso a internet e un navegador.

[/box]
[/one_third]

[two_third_last]
[box title=”Xestión do servizo de Telefonía” style=”medium”]

En canto a xestión Do servizo de telefonía, VoIP permite a xestión cunha serie de funcionalidades por parte do usuario, que son os seguintes:
O E-buzón de voz permite que os teus mensaxes de voz sexan recibidos no teu e-mail.
O desvío programado, realiza desviacións das túas chamadas ata a 5 números distintos.
A través do filtrado de chamadas, realiza unha selección das chamadas automaticamente.
Permite a realización da chamada simultánea a varios, coa multiconferencia, pódense realizar chamadas a varios interlocutores.
Tamén oferta a posibilidade da numeración curta. Mediante o emprego deste tipo de numeración, pódese evitalo emprego dos números habituais.
Poderase empregar o programa WebCallPad ou acceso mediante navegador dende a web www.reintermax.com . WebCallPad permite a realización de chamadas así como acceso o rexistro e calquera tipo de configuración do servizo de telefonía dende o PC do usuario, o acceso a esta funcionalidade e gratuíta e esta incluída no servizo básico.

[/box]
[/two_third_last]

[box style=”light” rounded=”true”]

CONTROL E AFORRO NA TELEFONIA

Outros servizos orientados ó control e o aforro, e non tanto a funcionalidade e as capacidades técnicas coma os anteriores son:
Un dos servizo sé o de bloqueo de destinos, permite evitar custos innecesarios. Posto que con este servizo pódese realizar unha selección de contactos e lugares de acceso que se poden permitir establecer comunicación ou restrinxir dito acceso.
Permite, os usuarios a identificación de chamadas entrantes. Deste xeito pódese identificar o chámante antes descolgalo teléfono. Do mesmo xeito que tamén permite a ocultación número chamante. Podendo ocultar a identificación propia. E ademais permite ter un histórico de chamadas, cun detalle das túas chamadas online. Accesibles dende a area de usuarios na web www.reintermax.com, existen dúas formas de facturación para o servizo de Telefonía, pago polo importe acumulado mensual ou ben para un maior control prepago mediante ingreso en conta ou plataforma de pago na area de clientes /telefonía deste xeito a recarga efectuarase de xeito inmediato.
[/box]

[box style=”medium” rounded=”true”]

OUTRAS OPCIÓNS

Este sistema de telefonía permite, ademais dos servizos anteriores as seguintes posibilidades:
• Portabilidade numérica.
Permite o cambio dende outra compañía, conservando o número de telefono que o cliente tiña anteriormente, sen ningún tipo de custo adicional.
• Numeración internacional.
Permite a realización de chamadas de carácter internacional, coa tarificación que dispón, para este tipo de chamadas.
• Numeración 902 remunerado.
Este servizo orientado a empresas, permite a remuneración de 1cnt/min por cada unha das chamadas entrantes recibidas a este tipo de numeración.
[/box]